Shhhh….

Shhhhh…. que non se entere de que adoro e que daría a vida por ela porque é algo que non se espera e lle daría un ataque ó corazón. Felices 33 Ra.

Publicado en Persoal | 1 Comentario

Benvidos ó Sahara…

ourense1.JPG

Xa comeza o tempo desértico propio da bisbarra dos afiadores…

Publicado en Caixón de xastre ou desastre?? | Comentarios desactivados en Benvidos ó Sahara…

Cociñeiro…

Indubidablemente, calquer cousa que engadas a unha comida para sorprender ós teus comensais estragará a comida irreversiblemente…

Publicado en Persoal | 1 Comentario

Aigor…

Algo de humor nunca está de máis non?

[gv data=”F6Ar-QGJN_0″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Publicado en Caixón de xastre ou desastre??, Pelis | 1 Comentario

Simple…

O outro día preguntáronme que era o que menos me gustaba e respostei que hai dous cousas que especialmente me fastidian neste mundo. A primeira é chegar a casa morto de sede, darlle á billa para beber e que me saia a quente. A segunda é que me mintan. Son cousas moi simples pero é que eu son así… simple

Publicado en Persoal | Comentarios desactivados en Simple…

Facíame Dios mil favores…

“Por favor Ándres, cuéntanos tu mayor borrachera… que tenemos entendido que es demasiado” Así foi como me recibiron dous colegas ademais de darme dous bicos (porque entre os meus amigos dámonos bicos que nos queremos moito).

O caso é que é unha historia para contar e xa que hoxe, aínda non sei o motivo, erguinme moi xocoso, pois é de mester contalo.

Verán de 2005. Agosto. Venres. Disto que me chama un amigo meu e me di: “Andresito (daquelas era Andresito e non Ándres) tomamos una de tranquis??” A miña resposta foi un sí… Digamos que entre as tonterías tomamos 5 copiñas de coñac pero cheas de LK e despois pois outros tantos chupitos dun brebaxe denominado “Gold Strike” e coñecido coma Licor de Ouro e algún que outro tequila tamén foi pola gorxa abaixo. O caso é que con semellante inxesta de alcohol aínda razoaba aceptablemente. Esa mesma noite, ademais de ver algunha compañeira de clase que quedou algo alucinada, vin a miña irmá, que esa mesma noite enterouse de que non era abstemio polo meu comportamento xa que eu non son dado ás mostras de cariño para con ela. Salvoume que ela non ía moito mellor ca min.

Pero o bonito da historia é o “e quando arrivo a casa”. Lémbrome de meter a chave a iso das 7 e pico e despois o seguinte que lembro foi espertar ás 10 no baño coa cabeza enriba do váter (ou case que metida). Debido a unha “mala postura” para durmir tiña as pernas totalmente durmidas, polo que non respostaban as miñas ordes así que tiven que ir á cama arrastrándome polo pasillo a modo de recluta americano a través do fango, coma esas pelis nas que sae a escea que pasan por baixo duns arames de espiño. Subía a cama como puiden e a durmir.

E estaredes pensando que durmiría ata as tantas… pois non! Queda máis. O espertador toca ás 11 para ir ó pobo. Érgome aínda perxudicado. Media hora na ducha que non serve pra nada. Chamo o meu avó para que leve el o coche “que a min esqueceume a ‘L’ do coche no pobo e non me arrisco a que me multen” (era o primeiro que se me veu a cabeciña) Así que despois monto no coche. E a sufrir.  Miña avoa que vén da perruquería: “neniño que mala cara tes” monto atrás no coche e a miña sorpresa é que comparto asento cas empanadas que xunto co cheiro da laca que lle botaron á miña avoa no pelo é que é cuspidiño ó cheiro do licor de ouro fixeron que fosen os 11 quilómetros máis longos da miña vida. Cando chego dou unha volta pola finca para despexarme e a papar. Menú do día: fígado con patacas mmm que rico. O único que pensaba naquel intre era aquelo de: ‘Facíame Dios mil favores’…A sobremesa de volta na cidade… xa se imaxina….

PD: Víctor aquí a tes…

Publicado en Persoal | 1 Comentario

As prohibicións son boas…

Estando en 2º de Bacharelato un profesor de “Lengua y literatura española” díxome: “Bueno… en vistas de que has estado en el hospital 15 días te conmuto el examen por hacerme un trabajo sobre poesía. Ya sé que no es tu fuerte, pero a ver que te puedes sacar de la chistera…”

Eu, como sempre, deixeino todo para o final pero bendita inspiración que o ver un sinal de prohibido o paso veume unha luz con algo que lera anteriormente non sei onde. Grazas o milagro de Internet foi cuestión de buscar e atopar. Así que titulei o traballo “Las prohibiciones son buenas” e nese traballo ía un fragmento dun poema de Cuervo Barrero que se chama “Queda prohibido”.

Queda prohibido llorar sin aprender,
levantarme un día sin saber qué hacer,
tener miedo a mis recuerdos,
sentirme sólo alguna vez.

Queda prohibido no sonreír a los problemas,
no luchar por lo que quiero,
abandonarlo todo por tener miedo,
no convertir en realidad mis sueños.

Queda prohibido no demostrarte mi amor,
hacer que pagues mis dudas y mi mal humor,
inventarme cosas que nunca ocurrieron,
recordarte sólo cuando no te tengo.

Queda prohibido dejar a mis amigos,
no intentar comprender lo que vivimos,
llamarles sólo cuando los necesito,
no ver que también nosotros somos distintos.

Queda prohibido no ser yo ante la gente,
fingir ante las personas que no me importan,
hacerme el gracioso con tal de que me recuerden,
olvidar a todos aquellos que me quieren.

Queda prohibido no hacer las cosas por mí mismo,
no creer en mi dios y hallar mi destino,
tener miedo a la vida y a sus castigos,
no vivir cada día como si fuera un último suspiro.

Queda prohibido echarte de menos sin alegrarme,
odiar los momentos que me hicieron quererte,
todo porque nuestros caminos han dejado de abrazarse,
olvidar nuestro pasado y pagarlo con nuestro presente.

Queda prohibido no intentar comprender a las personas,
pensar que sus vidas valen más que la mía,
no saber que cada uno tiene su camino y su dicha,
sentir que con su falta el mundo se termina.

Queda prohibido no crear mi historia,
dejar de dar las gracias a mi familia por mi vida,
no tener un momento para la gente que me necesita,
no comprender que lo que la vida nos da, también nos lo quita.

Un pequeno análise do poema e aí o vai… o meu único 10 en Lengua y Literatura Española.

Publicado en Persoal | 3 Comentarios

Fe…

Non sei ata que punto a fe move montañas… Eu creo máis na terreal que na celestial. Creo máis na mestura de fe e vontade, posto que con esta última todo se pode. Hai intres que pensas que podes facer o que sexa… menos mal que sempre hai alguén que chega e te lembra unha e outra vez que nunca poderás camiñar por riba das augas… Penso que, ás veces, o meu cerebro está feito a base de alpiste porque se me enche de paxaros a cabeza…

Publicado en Persoal | Comentarios desactivados en Fe…

O soldado…

Meu amigo aínda non regresou do Campo de Batalla, señor. Solicito permiso para ir buscalo” dixo un soldado ó seu tenente. “Permiso denegado”, replicoulle o oficial, “non quero que arrisque vostede a súa vida por un home que probablemente morrese”. O soldado, non faciendo caso da súa prohibición, saiu e unha hora máis tarde regresou mortalmente ferido, levando o cadáver do seu amigo. O oficial estaba furioso: “Xa lle dije eu que morrera!. Dígame: Facía falla ir aló para traer un cadáver?” O soldado, moribundo, respondeulle: “Abofé que si, señor!. Cando o atopei, aínda estaba vivo e puido dicirme : Estaba seguro de que virías…

Boas noites

Publicado en Contos | 1 Comentario

Nomes…

Xa podemos chamarnos como nos saia do lugar onde as costas perden o seu honrable nome. Os Franciscos poderanse inscribir no Rexistro Civil coma Pacos, os Ramones coma Monchos, As Dolores coma Lolas e as Mercedes coma Merches. O caso é que dende onte hai un neno en Ames que se chama legalmente Pepe. Aquí vos deixo a nova para que lle botedes unha ollada. O derradeiro parágrafo non ten perda haha.

Publicado en Caixón de xastre ou desastre?? | 1 Comentario