mmmMúsicas

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas...", Persoal by pandeiradasideral luns abril 16, 2007

Esto é unha iniciativa que partiu dun blog chamado Casatlantica e que consiste en colgar mellores canciones para foder. Eu non son partidario de seguir as cadeas porque penso que se existen é para rachalas, pero esto polo menos pareceume curioso. É incrible ver como unha gran cantidade de blogs seguiron este, que xa ben poderiamos chamar, fenómeno. Ata por mail chegoume e tamén por parte da miña irmá que non fondo é unha morbosa e  unha cotilla e quere saber de todo o que me acontece. Pero indo o tema, aquí está a miña lista. Máis ben son cancións que van encamiñadas a… ejem… a iso.

GOMEZ- Get miles

Ten un puntiño de hino psicodélico ó comezo que ten o seu aquel. Por certo se alguén lle sona a canción e non sabe de que dicir que sae nun capítulo de House.

NEIL YOUNG-Down by the river

O solo de guitarra é moi suxerente. Sen prisas. Non puxen o video do tubo porque non atopei a versión de estudo.

SERGE GAINSBOURG & JANE BIRKIN- Je t’aime

Clásico onde os haxa. Por certo, non vén a conto, pero os Irmáns Calatrava teñen unha versión moi curiosa desta canción parodiando o conto da Carapuchiña Vermella.

GÖLDFRAPP-Ooh la la

A ritmo de baile…pero horizontal.

GORILLAZ-Kids with guns

E o derradeiro. A min é unha melodía que me incita. Pero bueno para gustos hai cores e agardo que sexan máis co do video.

CHRIS ISAAK-Baby did a bad bad thing

Outro clásico.

Lembrar que cada un ponlle a súa vida a música que quere. 

 

Desfrutar de novo…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral domingo abril 15, 2007

Non pode haber nada mellor que desfrutar de aquelo que daba por perdido. De voltar a pasalo ben facendo o que me gusta. Grazas por facer que por un día esquecese todo.

Simplemente grandioso

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral sábado abril 14, 2007

Aínda que me saiba a maioría dos diálogos de memoria… nunca deixará de sorprenderme

Tecnoloxía…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral venres abril 13, 2007

Despois de renovar lixeiramente a tecnoloxía na miña casa, por fin podo ver películas en dvd coma o resto dos mortales. Non fai moito, unha señorita tentaba venderme por teléfono unha serie de dvd’s do grupo crtvg, pero non me lembro que materia tiñan. Eu contesteille que non tiña dvd e ela cría que o que quería era desfacerme dela para que non me amolase máis. E así mo expuso moi educadamente. A miña resposta foi entre risas…. “jajaja non…en serio..que non teño”. Silencio. Á señorita xa lle daba igual venderme os seus dvd´s. Agora só lle importaba a miña vida privada. “Pero como fas para o videoclub??… en serio que non tes?” a miña resposta foi moi simple. “Pois é que non vou moito o videoclub. Ademais….agora mesmo estoume decatando de que son un pouco Amish… e que non te pareza mal pero é que vou chegar tarde a un sitio e esto non é por desfacerme de ti tampouco…tamén é certo” “todavía non creo o do dvd…. Bueno pois que teñas bo día”

Por fin estou algo máis acorde cos tempos que corren…

Rasca mamá…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral venres abril 13, 2007

amidalite.jpg

Cambio de imaxe….

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral mércores abril 11, 2007

Un cambio de look de cando en vez non está mal…nonsí?

Chaveiro…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral sábado abril 7, 2007

Toda persoa que o ve quéreo… Coido que montarei un negocio jeje

images.jpg

PD: Bueno vaaaale o que queira aprender que mo diga que está tirado. A foto está en pequerrecho pq non a atopei máis grande.

Alegría del incendio…

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas..." by pandeiradasideral sábado abril 7, 2007

Picantón o último video de Los Planetas…mola

Exaltación da amizade…

Bloged in Persoal, Sen clasificar by pandeiradasideral venres marzo 30, 2007

Din que é unha das fases dunha borracheira…de tódolos xeitos aquí está a miña homenaxe a tan singular acontecemento

untitled1.jpg

milagreiros.jpg

lk2.jpg

hammamet-grupo.JPG

8178.jpg.

7751.jpg

3-decadas-de-babas.jpg

Estancia a pensión completa

Bloged in Persoal by pandeiradasideral mércores marzo 28, 2007

Trocaría o motivo da miña excitante estancia de fin de semana a pensión completa nunha habitación dunha clínica Non me importaría que fose debida ao Síndrome de Stendhal (que creo que me aconteceu algo semellante cunha moza), no canto de ser por un golpe na cabeza xogando ó baloncesto. Sería moito máis….. poético. E estar nesa habitación da clínica dá moito para pensar e facer (aínda que resulte paradóxico). Non vou negar de que tetornasen as pantasmas do pasado, pero rematas por sacar cousas en positivo. Desta vez… os detalles das persoas.

Saúdos

31 queries. 0.295 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert